miércoles, 28 de enero de 2009

OBRADOIRO IV: HABILIDADES SOCIAIS NA ENTREVISTA

O proceso de inserción laboral segue a súa marcha. A semana próxima teremos o Obradoiro IV: Habilidades sociais na entrevista, que amplía o traballo conseguido no segundo obradoiro, proporcionando orientación cara a entrevista laboral; unha preparación exhaustiva cara a consecución do noso obxectivo último: a autonomía persoal mediante a inserción laboral.

Os grupos acudirán o luns 2 de febreiro desde as 16:30 ás 18:30 horas, e o mércores 4 de febreiro desde as 10:30 ás 12:30 horas, no local da asociación en Ferrol.

Anímate! Aínda podes unirte a nós!

Fotos Obradoiro III: Busca activa de emprego

viernes, 23 de enero de 2009

OBRADOIRO III: BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

Na última semana de xaneiro, a Asociación Sociocultural de Minusválidos realizará o terceiro dos Obradoiros de Inserción Laboral, como ferramenta de preparación para o emprego. Co título de “Busca activa de emprego”, este obradoiro quere proporcionar as nocións necesarias para participar no proceso de busca de traballo: autoanálise, proxecto profesional, busca de información, creación dunha conta de correo electrónico e busca de emprego na rede.

Teremos un grupo o luns 26, entre as 16:30 e as 18:30 horas; e outro grupo o mércores 28, das 10:30 ás 12:30 horas.

Se aínda non estás na nosa bolsa de emprego, este é o momento de apuntarse!

jueves, 22 de enero de 2009

lunes, 29 de diciembre de 2008

OBRADOIRO II: A ENTREVISTA

A Asociación Sociocultural de Minusválidos continúa a súa andaina no Proxecto de Orientación ao Emprego. O éxito do primeiro dos obradoiros de inserción laboral foi rotundo, contando con 20 persoas participantes repartidas en dous grupos.

O Obradoiro II abordará a temática da entrevista laboral, contando tamén cunha parte teórica e outra práctica. Haberá 2 grupos de traballo: o primeiro, o luns 19 de xaneiro, de 16:30 a 18:30 horas; e, o segundo; o mércores 21 de xaneiro de 10:30 a 12:30 horas.

Para acudir aos obradoiros de inserción laboral, apúntate na nosa bolsa de emprego, chamando ao 981 351 430.