martes, 2 de diciembre de 2008

OBRADOIROS DE INSERCIÓN LABORAL

Logo da Xornada "Punto de partida do Proceso de Inserción", seguimos co labor do Proxecto de Orientación ao Emprego. O segundo paso do proceso son os Obradoiros de Inserción Laboral. Comezaremos co Obradoiro I: Currículo e carta de presentación. Traballaremos en grupos para adquirir habilidades na busca de emprego, na elaboración do currículo e na entrevista laboral.

Teremos dous grupos de traballo, un de mañá (os mércores) e outro de tarde (os luns); para que os participantes podan elixir o horario que máis lles conveña. Os obradoiros levaranse a cabo na aula da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (rúa Fernando VI, bloque 2, baixos 18-19) a partir do día 17 de decembro.

Se estades na bolsa de emprego da asociación ou queredes acceder a ela para buscar emprego e participar nos obradoiros, apuntádevos chamando ao 981351430 e preguntade por Andrea Pardo ou Beatriz Dorrio.

No hay comentarios: