A Asociación Sociocultural de Minusválidos continúa a súa andaina no Proxecto de Orientación ao Emprego. O éxito do primeiro dos obradoiros de inserción laboral foi rotundo, contando con 20 persoas participantes repartidas en dous grupos.
O Obradoiro II abordará a temática da entrevista laboral, contando tamén cunha parte teórica e outra práctica. Haberá 2 grupos de traballo: o primeiro, o luns 19 de xaneiro, de 16:30 a 18:30 horas; e, o segundo; o mércores 21 de xaneiro de 10:30 a 12:30 horas.
Para acudir aos obradoiros de inserción laboral, apúntate na nosa bolsa de emprego, chamando ao 981 351 430.
lunes, 29 de diciembre de 2008
martes, 2 de diciembre de 2008
OBRADOIROS DE INSERCIÓN LABORAL
Logo da Xornada "Punto de partida do Proceso de Inserción", seguimos co labor do Proxecto de Orientación ao Emprego. O segundo paso do proceso son os Obradoiros de Inserción Laboral. Comezaremos co Obradoiro I: Currículo e carta de presentación. Traballaremos en grupos para adquirir habilidades na busca de emprego, na elaboración do currículo e na entrevista laboral.
Teremos dous grupos de traballo, un de mañá (os mércores) e outro de tarde (os luns); para que os participantes podan elixir o horario que máis lles conveña. Os obradoiros levaranse a cabo na aula da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (rúa Fernando VI, bloque 2, baixos 18-19) a partir do día 17 de decembro.
Se estades na bolsa de emprego da asociación ou queredes acceder a ela para buscar emprego e participar nos obradoiros, apuntádevos chamando ao 981351430 e preguntade por Andrea Pardo ou Beatriz Dorrio.

lunes, 1 de diciembre de 2008
miércoles, 29 de octubre de 2008
FORMACIÓN GRATUITA
A Asociación de empresarias da Comarca de Ferrol organiza os seguintes cursos gratuitos:
"Taller de formación o capacitación laboral"(20 horas totais): Luns, mercores e venres dende o 3 o 21 de novembro en horario de 16 a 18 horas realizarase un curso dirixido a mulleres discapacitadas na academia Telemática Galicia, sita na rua Vigo, 3 baixo - A Gándara - Narón. Para este curso a AECOFE conta con alumnos derivados da ASCM.
"Dirección e Xestión de Entidades non Lucrativas" (50 horas totais): Do 3 o 14 de novembro, de luns a venres en horario de 17 a 22 horas na Academia GATFOR, sita en Narón, Rua do Pino, 27-29.

lunes, 13 de octubre de 2008
PROGRAMA DE ORIENTACIÓN LABORAL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)